Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

Dende Rusia ata Arxentina ou Alemaña: extranxeiros que falan «máis» galego cos galegos

Дата публикации: 25-07-2026 06:39:43

Mentres Galicia discute sobre como salvar a súa lingua porque perde falantes, hai quen cruza medio mundo para aprendela. Chegan dende Rusia, Arxentina ou Alemaña sen obrigas académicas nin profesionais. Fano porque cren que cada idioma é unha forma distinta de mirar o mundo, porque ven no galego un patrimonio que merece ser conservado. Ese é o paradoxo que deixa cada verán Galego sen Fronteiras, un programa que este venres despediu a súa XXXVI edición xusto cando o debate sobre o futuro do idioma volve ocupar o centro da política galega.

Основное содержимое страницы с новостью.

Mentres Galicia discute sobre como salvar a súa lingua porque perde falantes, hai quen cruza medio mundo para aprendela. Chegan dende Rusia, Arxentina ou Alemaña sen obrigas académicas nin profesionais. Fano porque cren que cada idioma é unha forma distinta de mirar o mundo, porque ven no galego un patrimonio que merece ser conservado. Ese é o paradoxo que deixa cada verán Galego sen Fronteiras, un programa que este venres despediu a súa XXXVI edición xusto cando o debate sobre o futuro do idioma volve ocupar o centro da política galega.

A coincidencia non pasa desapercibida. A clausura dos cursos chega apenas uns días despois da presentación da proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que busca converterse na folla de ruta da próxima década e que reabriu o debate político sobre as medidas necesarias para frear a perda de falantes e promover o seu uso. Foi precisamente neste escenario onde o presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, aproveitou a despedida do alumnado para reclamar aos dirixentes políticos que "falen" e acaden "acordos fundamentais" que garantan o futuro do idioma que, advertiu, "corre risco".

A principios do mes de xullo, Compostela encheuse de decenas de estudantes oriundos de distintas partes do globo terráqueo. Algúns herdaron apelidos galegos e medraron escoitando a fala nai na casa; outros descubriron a literatura de Rosalía, de Castelao, de Otero Pedrayo ou de Manuel Rivas nun Centro de Estudos Galegos situado a miles de quilómetros do Padornelo. Malia as diferenzas nese arraigo, todos comparten a mesma convicción: cada lingua encerra unha forma distinta de entender o mundo e perder unha delas significa empobrecer a humanidade.

"Non entendo que alguén poida sentir vergoña da súa lingua"

O ruso Nikitas Joachim ten só 23 anos, pero xa fala cinco idiomas. Naceu en Chipre, medrou na xélida Rusia e acaba de rematar os estudos en Filoloxía Hispánica. Non ten ningún tipo de relación familiar con Galicia, nin avós emigrantes nin unha casa onde se falase galego. O seu interese naceu na Universidade de San Petersburgo, onde existe un Centro de Estudos Galegos que lle abriu as portas a unha literatura e a unha cultura que hoxe forman parte da súa vida.

É xa a terceira vez que participa nos Cursos Galego sen Fronteiras e confesa que a gramática galega lle segue parecendo "un pouco difícil", especialmente os pronomes ou os artigos contraídos, pero iso non diminúe o entusiasmo. O que lle custa comprender é outra cousa. "Non entendo moi ben a posición da xente que pensa que pode haber algunha vergoña pola lingua", expresa a este diario. Para el, a perda de falantes non é un problema exclusivo de Galicia. "Penso que iso pasa pola globalización e tamén porque o inglés ten unha parte bastante grande nesta perda da lingua", afirma Nikitas. Pero enseguida introduce unha nota de esperanza: "Pode haber unha resposta da xente nova que queira ter relación coas súas raíces e continuar falando galego".

O estudante de galego ruso Nikitas Ioaquim.

O estudante de galego ruso Nikitas Joachim. / IDP

En cambio, para Sofía Isabel González, arxentina de 21 anos, o galego nunca foi unha lingua estranxeira. Naceu en Bos Aires, pero medrou escoitando falar o idioma propio de Galicia aos seus avós, emigrados dende Santa Baia de Camba, en Rodeiro (Pontevedra), onde aínda conserva parentes. Segundo relata, a casa sempre estivo presente o idioma, nas conversas familiares e tamén nos centros galegos da capital austral.

Este verán, os Cursos Galego sen Fronteiras déronlle a oportunidade de visitar Galicia por primeira vez e vivir unha inmersión completa. "Falar moitísimo galego foi o que máis gocei, porque obviamente na Arxentina non podo falalo tanto", explica. Á experiencia das aulas súmanse os obradoiros, as excursións polo país, as conferencias e, sobre todo, a convivencia con persoas chegadas de todo o mundo que comparten a mesma paixón pola lingua galega.

A estudante de galego arxentina Sofía Isabel González.

A estudante de galego arxentina Sofía Isabel González. / IDP

É precisamente esa comunidade a que máis a emocionou. "Foi unha aperta moi fonda sentir que hai persoas dispostas para defendela e para loitar por ela tamén", asegura. Con todo, observa un "prexuízo moi grande coa fala en galego". "A lingua é unha parte fundamental da identidade, non podería imaxinar expresar unha emoción sen unha lingua propia, así que sería unha mágoa xigante perder unha lingua tan fermosa como o galego".

"Sempre falo en galego"

O percorrido de Jens Schlenguel, hamburgués de 35 anos, é completamente distinto. Hai case dúas décadas que chegou por primeira vez a Galicia. Daquela tiña só 17 anos e esa viaxe cambioulle a maneira de entender as linguas, aínda que provén dunha familia formada por un pai de Hamburgo —onde tamén se fala un idioma minorizado, o baixo alemán— e unha nai de Cataluña. Hoxe traballa como tradutor en Alemaña e fala alemán, castelán, catalán, portugués brasileiro e galego, e tamén estuda éuscaro.

A súa defensa das linguas minorizadas é rotunda. "Non comparto esa idea de que o galego non serve para falar noutros sitios, a lingua ten que servir para falar no territorio no que se fala", explica. "Se vivo aquí non preciso falar inglés se o meu veciño fala galego", reflexiona.

Impulsado por unha profesora de mestrado en Alemaña, que é veciña da Veiga (Ourense), durante estas semanas de curso decidiu facer precisamente iso: falar sempre en galego. A experiencia serviulle tamén para comprobar como mudou a realidade desde aquela primeira viaxe. "Fomos de excursión á Coruña e foi realmente difícil, porque eu sempre falo en galego con todo o mundo e contestábanme en castelán". Porén, o que máis lle doe é outra imaxe. "Sempre que estou ouvindo falar penso: 'Mira, falan galego'. E despois decátome de que non, de que é español cun moito acento galego", indica. "Agardo que se poida reverter esa evolución", engade.

Por iso ten claro que volverá o ano que vén. Non só polas clases, senón porque aquí atopou algo máis difícil de atopar noutros lugares, que é unha comunidade internacional convencida de que unha lingua minorizada tamén pode ter un futuro se hai quen decida falala.

O estudante de galego de Alemania Jens Schlenguel.

O estudante de galego de Alemania Jens Schlenguel. / IDP

Dende 1988, preto de 3.000 persoas pasaron por Galego sen Fronteiras. Algunhas acabaron converténdose en profesoras universitarias, tradutoras ou investigadoras. Outras levaron a literatura galega aos seus países ou impulsaron novos proxectos arredor da lingua.

Durante estas tres semanas, o alumnado participou en clases, obradoiros e conferencias dedicadas a figuras como Otero Pedrayo, Valentín Lamas Carvajal ou Begoña Caamaño. Acompañada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, a presidenta do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández, o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e a representante do profesorado, Ester Martínez, na clausura celebrada este xoves na Facultade de Filosofía, a directora dos cursos, María López Sández, agradeceu ao alumnado a "xenerosidade" de devolverlle á sociedade galega unha mirada renovada sobre o seu propio patrimonio e expresou o desexo de que desta experiencia nazan novas investigacións e traducións.

A vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da Universidade de Santiago, Ana Cabana, lembrou que todas esas persoas regresan aos seus países "levando o mellor presente que Galicia ten para dar: a súa lingua". Hai esperanza, quizais, no outro lado do mundo.

Fuente: El Correo Gallego

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1La RAE se enzarza con Junts por la serie de RTVE sobre la expansión de nuestro idioma durante la conquista-2607-07-2026
2Власти России считают проблемой обеднение русского языка0011-07-2025
3Русский язык — это мы с вами. Образовательные англицизмы и дисплейный язык0006-06-2021
4Институт языкознания РАН предлагает разработать новый закон об основах языковой политики0005-11-2019
5В России за последние 150 лет исчезли 14 редких языков0005-02-2019
6Самыми редкими языками в России стали югский, юитский и сиреникский0016-07-2021
7🗣 Языковое богатство России: от 34 языков в одном регионе ...5715-07-2026
8Глава МВД Украины призвал развивать русский язык для ведения пропаганды против России0030-03-2021
9Una alcoiana i filòloga de la Universitat d'Alacant serà la nova presidenta de l'Acadèmia Valenciana de la Llengua0503-07-2026

Классификация: . Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 9. Тональность: 0. Информативность: 5.48. Источник: www.farodevigo.es.