Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

A xeometría do voto útil galego cara ao 29-N

Дата публикации: 19-10-2026 17:39:04

A incapacidade de artellar un acordo electoral entre a autodenominada Fronte Ampla e Podemos na Galicia non é unha simple anécdota partidaria, senón que constitúe unha emenda á totalidade a un espazo estatal esmorecente que ameaza con converter en irrelevantes milleiros de sufraxios progresistas nas vindeiras estatais do 29-N. Diante desta escea de fragmentación, xorde con forza a pretensión do PSOE de se vindicar como única opción posíbel para frear á dereita extrema e a extrema dereita de PP e Vox. Mais unha análise rigorosa, espida

Основное содержимое страницы с новостью.

A incapacidade de artellar un acordo electoral entre a autodenominada Fronte Ampla e Podemos na Galicia non é unha simple anécdota partidaria, senón que constitúe unha emenda á totalidade a un espazo estatal esmorecente que ameaza con converter en irrelevantes milleiros de sufraxios progresistas nas vindeiras estatais do 29-N. Diante desta escea de fragmentación, xorde con forza a pretensión do PSOE de se vindicar como única opción posíbel para frear á dereita extrema e a extrema dereita de PP e Vox. Mais unha análise rigorosa, espida

de prexuízos e atenta á nosa realidade socioelectoral, amosa que non hai tal e que o voto ao BNG, alén da vantaxe estratéxica de lle engadir a escolla da priorización dos intereses nacionais galegos á escolla progresista é, tamén, unha opción táctica máis eficaz nas catro circunscricións galegas.

Galicia elixe o 29-N 25 deputados, 9 pola circunscrición coruñesa, 8 pola pontevedresa e 4 en cadansúas luguesa e ourensá. A historia electoral dende 1996 amosa sen maiores contradicións que as circunscricións atlánticas dan marxe abonda para que a terceira forza (neste caso o BNG) acade representación sen problemas. Mesmo no 2000 o BNG obtivo un segundo escano—o de Carlos Aymerich— na Coruña, que disque non estaría moi lonxe arestora. Nas dúas circunscricións semella que a opción soberanista é a única que pode competir polas últimas actas co PP e mesmo con Vox, evitando que a dispersión do voto agasalle con actas á dereita extrema e á extrema dereita.

Mais a teoría tradicional do «voto útil» cara Madrid adoita relegar as circunscricións luguesa e ourensá a un bipartidismo dinástico seica inevitábel. Velaquí un grave erro de cálculo. O comportamento das autonómicas de febreiro de 2024, sumado ao bo resultado das europeas dese mesmo ano (que elixiron eurodeputada a Ana Miranda), consagrou ao BNG como a forza hexemónica do bloque progresista na Galiza, cunha penetración urbana e comarcal sen precedentes.

Nestas circunstancias é en Lugo e Ourense onde a xeometría electoral derruba o vello dogma socialista. Con circunscricións de catro escanos, o sistema d’Hondt castiga gravemente a fragmentación. Pretender que o voto directo ao PSOE garanta un segundo deputado en Ourense ou Lugo é, hoxendía, un exercicio de voluntarismo doadamente desmentido polos datos. Impediren o terceiro deputado do PP nestes dous territorios está máis preto a medio da escolla soberanista a respecto da socialista.

Cómpre, tamén, falarmos en termos de rendibilidade política para o País. Calquera que for o posicionamento da cidadanía galega no eixo esquerdas-dereitas é de case xeral recoñecemento que canto máis numerosa e —nomeadamente— decisiva sexa a representación do galeguismo soberanista mellor parados saen os intereses económicos, empresariais, culturais e sociais deste país. Independentemente da consideración máis crítica ou positiva que cada cidadán e cidadá teña do labor do BNG, no que si pode confiar é que o seu voto vai servir para rexeitar frontalmente calquera goberno PP-Vox e para garantir que a axenda galega estea no centro da gobernabilidade do Estado.

O 29-N enfrontamos a oportunidade de superar a vella lenda do voto útil pasivo. A fractura da esquerda estatal converte ao voto nacionalista nunha opción acaída para quen esixe políticas avanzadas e respecto pola nosa condición nacional, facendo valer a voz e os dereitos e intereses deste país en Madrid.

Suscríbete para seguir leyendo

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1Frente corto de miras, cómo seguir restando y cómo hacer algo05.7513-10-2026
2La agenda de la campaña del 29-N05.7521-10-2026
3Frente Amplio y Podemos fracasan en las negociaciones y solo irán juntos en Canarias y la Comunitat Valenciana04.3916-10-2026
4La izquierda alternativa al PSOE se parte en dos: ¿Quién se presenta en dónde y con quién?07.3417-10-2026
5Cuenta atrás para el 29N: UPN y PP concurrirán juntos y Frente Amplio mantiene la incógnita010.413-10-2026
6Partida trepidant07.714-09-2026
7Ahora se entiende lo de Vito Quiles07.3408-02-2026
8Todo empieza ahora: sumar con más fuerza-8610-07-2026
9 Frente Amplio y Podemos se encaminan a la batalla en Madrid y Cataluña el 29-N, pero a una posible unidad en el resto de España 07.1216-10-2026

Классификация: Мнения. Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 9. Тональность: 0. Информативность: 5.9. Источник: www.laopinioncoruna.es.