"Con estas actividades, a xente descobre cousas que pasan desapercibidas, como as múltiples cores que hai na natureza", detalla a bióloga e xestora de actividades e proxectos do Grupo Naturalista Hábitat, Elia Pérez, que agora coordina un proxecto chamado Caderno de Ilustración Naturalista, no que se levan a cabo actividades artísticas sobre natureza durante todo o ano grazas á axuda da ilustradora Alicia Pacheco (coñecida como Alo).
"Con estas actividades, a xente descobre cousas que pasan desapercibidas, como as múltiples cores que hai na natureza", detalla a bióloga e xestora de actividades e proxectos do Grupo Naturalista Hábitat, Elia Pérez, que agora coordina un proxecto chamado Caderno de Ilustración Naturalista, no que se levan a cabo actividades artísticas sobre natureza durante todo o ano grazas á axuda da ilustradora Alicia Pacheco (coñecida como Alo).
A entidade, creada en 1979 por un grupo de rapaces para protexer o medio natural, levará a cabo os días 20 e 22 de xullo dúas actividades para maiores de doce anos, dentro do proxecto do caderno, sobre a fauna nocturna, cunha excursión de noite pola parroquia de Bribes (Cambre) e dous días despois un obradoiro de ilustración de acuarelas con Pacheco en Oleiros. Para ir, cómpre inscribirse nun formulario na web de Hábitat, xa que as prazas son limitadas e teñen un custo de 35 euros (con desconto se es socio da entidade).
"O proxecto do Caderno de Ilustración Naturalista xurdiu de mans de Alicia, xa que a ela encántalle a parte ambiental da arte e xa colaborou con nós en varias actividades", comenta a bióloga, que explica que o obxectivo era abordar cada mes do ano unha temática e sair ao campo co caderno de ilustración para observar as diferentes especies e ilustralas.
"Son unha especie de bióloga frustrada, eu fixera unha actividade de caderno de campo sobre especies da ría de Burgo e sempre me gustou a natureza dende pequena, por iso xurdiu a colaboración", destaca a ilustradora, Alicia Pacheco.
"Neste caso, ao ser unha saída nocturna, observarase o entorno, recolleranse notas e se farán bosquexos pola noite para que, xa o 22 de xullo no taller, se lle dea cor e forma aos debuxos", relata a xestora de proxectos de Hábitat, que aclara que "como a excursión será entre as 21.30 e 00.30 horas, as ilustracións as facemos dous días despois entre as 10.30 e 13.30 horas".
"Deberíamos sempre sair cun caderno de campo"Pérez tamén recalca que Bribes, onde se levará a cabo a saída, é un sitio onde levan dez anos facendo un seguemento das vacalouras. Ademais, segundo destaca a coordinadora, tamén se poderán ver avenoiteiras ('chupacabras' en castelán), lucecús, morcegos... "Non só imos ver e ilustrar as especies, senón tamén a escoitalas, xa que se levarán parábolas para escoitar as aves nocturnas e as curuxas e un aparato de ultrasons para ver os voos dos morcegos", subliña Pérez, que denuncia que "agora estamos acostumados a ir co móbil e sacar unha foto e pasamos por alto moitos aspectos da natureza. Deberíamos sempre sair cun caderno de campo". Para Pacheco, a colaboración con Hábitat "é o máximo", xa que pode traballar cunha entidade que considera "un referente medioambiental e de divulgación moi fundamental".
Aqueles que queiran inscribirse tan só deben levar lanternas, pois o resto do material xa será proporcionado polo grupo, incluido o caderno de campo especial cun maior grosor para as acuarelas. "O importante é que a xente vaia con disposición e con ganas de debuxar ou de descubrir máis sobre a parte naturalista", sinala Pérez, que advirte que os talleres con Pacheco teñen boa acollida porque "ela prefire grupos reducidos para que todos reciban a información adecuadamente".
"A acuarela é unha técnica sinxela e moi amable. Nos meus talleres pode entrar xente con nervios, mais nunca ninguén saiu coa ilustración atravesada", explica a artista, que tamén ten outros proxectos profesionais semellantes onde retrata, a través da acuarela, a fauna e a flora galegas.

Algunhas das ilustracións da fauna galega realizadas durante un dos talleres impartidos polo Grupo Naturalista Hábitat. / Cedida
Dentro do proxecto do Caderno de Ilustración Naturalista, no que se insire a saída e o taller sobre a fauna nocturna, tamén se recollen outras actividades durante todo o ano. "A última que fixemos foi sobre as herbas de San Xoán, mais tamén tivemos sobre a flora de primavera, as bolboretas e os réptiles. Agora estamos no ecuador do programa, xa que despois desta actividade tamén levaremos a cabo outras sobre fauna intermareal en agosto, macroinvertebrados acuáticos en setembro, aves tamén en setembro, sobre anfibios en outubro e finalmente sobre fungos en novembro", explica a xestora.
"Debuxar as especies é unha forma máis de aprendizaxe""Esperamos que máis xente se una ao caderno porque sabemos que gusta. Moitas veces á xente dalles medo por non saber ilustrar, mais Alicia faino moi sinxelo", confesa Pérez, que explica que aínda que este proxecto é novo, dende o grupo xa se levaron a cabo outras actividades en relación co debuxo. "No 2014 creamos o Certame de Debuxo en colaboración con Emalcsa no que cada ano propoñemos unha temática cunha especie distinta e seleccionamos 12 obras para o noso calendario de Hábitat, ademais de que as tres mellores gañan un premio económico", relata.
"Grazas a Alo, engadimos moito máis a ilustración nos nosos proxectos, o que ten moito sentido xa que dende a antigüidade o naturalismo e a ilustración sempre estiveron relacionados", comenta a coordinadora. "Debuxar as especies é unha forma máis de aprendizaxe", destaca a ilustradora.
Dende o Grupo Naturalista Hábitat, o obxectivo fundamental é protexer o medio natural galego a través de talleres de divulgación, estudos da natureza e das especies e loitas pola conservación de espazos. "Entendemos que por moito que nós estudemos os espazos e as especies para protexelos, se a xente na sociedade non os coñece entón é imposible", comenta Pérez.
O ano pasado fixeron 372 actividades abertas ao público só de divulgación, ademais de voluntariados, proxectos de defensa ambiental e colaboracións con entidades de xestión do territorio como Fragas do Mandeo. "As cuotas dos nosos socios van dirixidas a estas loitas, ademais de a promover os nosos estudos. Con actividades como a da fauna nocturna do 20 e 22 de xullo, a xente tamén aprende sobre como tratar certas especies e nos axuda a contar e ter rexistro delas", aclara.
Este sábado 11 de xullo tamén hai unha actividade, dentro do proxecto de coidado das aguas da Coruña chamado Coawa, que abordará as libélulas e cabaliños do demo no encoro de Abegondo-Cecebre, con prazas completas. Outro proxecto que se levará a cabo preto da Coruña é Mar de Sorrizo: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo de Arteixo con catro actividades os días 12, 14, 16 e 18 de xullo no Centro Mar de Sorrizo e nas praias de Repibelo e Barrañán sobre mamíferos mariños, lixo, vida no intermareal (como as anémonas) e sobre prantas e insectos das dunas (coa presenza do entomólogo e expresidente de Habitat, Jorge Ramos). "Recomendo moito ir a todas as actividades, xa que se aprende un montón e se pasa un bo rato", admite a bióloga.
Suscríbete para seguir leyendo
| # | Наименование новости | Тональность | Информативность | Дата публикации |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Limpieza ambiental en la ría do Burgo | 0 | 7.02 | 28-07-2026 |
| 2 | La Noche Templaria centra los actos culturales de la semana en El Bierzo | 0 | 5 | 30-06-2026 |
| 3 | Una prestigiosa alianza internacional premia el compromiso del museo Rialia con el arte creado por mujeres | 0 | 7.35 | 13-07-2026 |
| 4 | 36 actividades y 900 plazas gratuitas, en la nueva programación estival de 'Pasea La Rioja' | 2 | 6 | 30-06-2026 |
| 5 | Mayores y escolares de Tarambana comparten una convivencia en La Almunya del Sur | 0 | 5 | 20-06-2026 |
| 6 | Hazparnen "Aste Arteak" : kontzertuak eta giro herrikoia udan, asteart guziz | 0 | 5 | 13-07-2026 |
| 7 | La III Mostra Saguntum ad Mare Nostrum y Al Crepuscle protagonistas de la programación cultural de primavera | 0 | 5 | 24-03-2026 |
| 8 | Un fin de semana para mirar al barrio con 'Auzomira' | 5 | 7 | 09-06-2026 |
| 9 | Este fin de semana a bailar sobre la ola | 5 | 7 | 03-07-2026 |